Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

CCOO-Industria gáñalle a batalla a Novafrigsa, do Grupo Coren, contra os falsos autónomos

  • O Xulgado do Social n.º 3 de Lugo declara a existencia de relación laboral entre os máis de 250 «socios traballadores» que a empresa Servicarne mantiña traballando na filial de Coren

A Federación de Industria de CCOO de Galicia gáñalle a batalla a Novafrigsa contra os falsos autónomos. O Xulgado do Social n.º 3 de Lugo declara a existencia de relación laboral entre os máis de 250 «socios traballadores» que a empresa Servicarne mantiña traballando nesta filial do Grupo Coren. A decisión do xulgado lugués susténtase nas argumentacións doutro xuízo gañado por este sindicato na provincia de León contra Embutidos Rodríguez.

06/05/2020.
CCOO leva máis de dous anos denunciando as falsas cooperativas cárnicas. Na foto, denuncia de 2018

CCOO leva máis de dous anos denunciando as falsas cooperativas cárnicas. Na foto, denuncia de 2018

Para CCOO-Industria, esta sentenza ten que servir para que «as poucas empresas que aínda operan con falsas cooperativas de traballo asociado» na produción de carne «abandonen este modelo fraudulento, que ademais precariza as condicións de traballo e supón unha competencia desleal dentro do sector cárnico».CCOO é o único sindicato que se presentou ata o momento, como parte interesada, en todos os xuízos contra as falsas cooperativas e a figura dos falsos autónomos no sector cárnico. É un labor que comezou hai máis de dous anos, cunha intensa campaña de denuncia en todo o Estado.Falsa cooperativaGrazas á presión de CCOO, o Ministerio de Traballo retiroulle o ano pasado a condición de cooperativa á catalá Servicarne, que contaba con milleiros de falsos autónomos en todo o Estado, dos cales uns 1500 estaban en Galicia, boa parte deles no Grupo Coren e as súas filiais.Precisamente, a sentenza do Xulgado do Social n.º 3 de Lugo constata irregularidade tras irregularidade nas condicións en que os supostos «socios traballadores» de Servicarne prestaban os seus servizos para Novafrigsa.Segundo a resolución xudicial, non se cumprían os requisitos para considerar estes traballadores verdadeiros autónomos, xa que tiñan prohibido traballar para outras empresas que non fose esta filial de Coren. Así mesmo, a falsa cooperativa dificultaba a participación dos seus «socios traballadores» nos órganos de decisión de diferentes formas, como a convocatoria das asembleas nun día laboral ?venres? e a non concesión de permisos retribuídos para asistir e elas. Deste xeito, entre os anos 2013 a 2016 só participaron nas asembleas o 2,23 % dos socios e socias de Servicarne.